Nº declaracións responsables:
Número de expedientes de tipo declaración responsable en aproveitamentos madeireiros en montes de xestión privada. Motivos de declaración responsable (DR):
Spp non anexo I: Aproveitamento de especies non incluídas no Anexo I da Lei 7/2012, en montes ou terreos forestais que non forman parte de espazos suxeitos a algún réxime de protección nin están afectados por ningunha lexislación de protección do dominio público
Pregos condic.: Aproveitamento de especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, en montes ou terreos forestais que forman parte de espazos suxeitos a algún réxime de protección ou están afectados por algunha lexislación de protección do dominio público, para os cales as consellerías competentes aprobaron pregos coas condicións sectoriais ás que deberán suxeitarse os aproveitamentos madeireiros destas especies
IOXF aprob.: Aproveitamento nun monte incluído no Rexistro de Montes Ordenados que se axusta ao previsto no instrumento de ordenación ou de xestión aprobado
Uso doméstico: Aproveitamentos madeireiros e leñosos para uso doméstico
Expropiación: Aproveitamentos madeireiros e leñosos en zonas afectadas por expropiación
Obrigada exec.: Cortas de obrigada execución
Fitosanitarias: Aproveitamentos madeireiros e leñosos en masas afectadas por unha praga ou enfermidade forestal declarada
Previam. autoriz.: Outras cortas previamente autorizadas nun procedemento administrativo contemplado na lexislación forestal autonómica